Pasar al contenido principal

II SIMPOSIO INTERNACIONAL CIPPCE: CULTURA E CRISE

Publicado en

II SIMPOSIO INTERNACIONAL CIPPCE: CULTURA E CRISE

http://www.usc.es/gl/institutos/cippce/simposio2012.html

25 e 26 de outubro de 2012

Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais USC

Tras a celebración do Seminario Cultura e migración, en outubro do ano 2011, os grupos de investigación que integran o Centro de Investigación en Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes queren impulsar un espazo de reflexión sobre as relacións entre a cultura e a crise. Atópanse a cultura e a crise nunha relación excluínte ou, pola contra, a natureza do seu vínculo é máis ben de carácter inclusivo? Pode a crise da cultura devir nunha cultura da crise? Que valores somos quen de recoñecer nas novas formas culturais que xurdiron como resultado da actual situación económica global? Están a retornar as prácticas artísticas comprometidas? Cal foi a relación entre cultura e crise noutros períodos históricos? En que sentido a actual conxuntura económica mudou o escenario das políticas culturais contemporáneas? Estas son unicamente algunhas das preguntas que nos propoñemos tomar como punto de partida neste simposio internacional e interdisciplinar.

Comité organizador

César Domínguez Prieto, Margarita García Candeira, Manuela Palacios González, Marco Paone, Juan Luis Pintos de Cea-Naharro e María do Cebreiro Rábade Villar.

Inscrición: do 1 ao 15 de outubro de 2012

Libre e gratuíta para o alumnado e para o persoal da Universidade. Os interesados en efectuar a inscrición deberán enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico marco.paone[at]usc[dot]es. Satisfeita unha asistencia mínima do 75% recibirase no acto de clausura un diploma acreditativo. Non se tramitarán inscricións posteriores ao 15 de outubro.

ADIANTO DO PROGRAMA

XOVES 25 DE OUTUBRO -- SESIÓN DE MAÑÁ

09:00 Inauguración

09:30-10:45 A cultura da crise. As leccións da historia. Moderadora: María Xosé Rodríguez Galdo. Relatores: María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico, Pilar Freire e Xosé Cordero

10:45-11:15 Coloquio

11:15-11:45 Conferencia plenaria da profesora Susana Araújo (Universidade de Lisboa): Krisis e Securitas: O Tempo e a Cultura de (In)segurança.

11:45-12:00 Coloquio

12:00-12:30 Pausa

12:30-13:15 Proxectos culturais para a dinamización da Costa da Morte: panorámica e avaliación. Moderador: Juan Luis Pintos. Relatores: Nieves Herrero, Manuel Vilar.

13:15-13:30 Coloquio

XOVES 25 DE OUTUBRO -- SESIÓN DE TARDE

16:30-18:00 (Des)Territorialización, memoria e crise cultural. Moderador: César Domínguez. Relatores: Isabel Domínguez, Carla Figueiras, Susana Justo e Marco Paone.

18:00-18:30 Coloquio

18:30-19:00 Pausa

19:00-20:00. Narrativas europeas da crise: Irlanda. Moderadora: Manuela Palacios. Relatoras: Margarita Estévez Saá, Teresa Pérez Tilve, Marta Portela Fernández.

20:00-20:30 Coloquio

VENRES 26 DE OUTUBRO -- SESIÓN DE MAÑÁ

09:30-10:15 Literatura e crise. Cambio social e procesos subxectivos. Moderadora: María do Cebreiro Rábade Villar. Relatores: Manus O'Duibhir, Mirta Suquet

10:15-10:30 Coloquio

10:45-11:15 Crise económica, ensinanza-aprendizaxe de linguas e auxe do dixital. Moderador: Moncho Iglesias Míguez. Relatoras: Teresa Díaz e María José Sampedro.

11:15-11:30 Coloquio

11:30-12:00. Pausa

12:00-12:30 Margarita García Candeira (Universidade de Huelva): Crisis y despojamiento en la poesía última de Jorge Riechmann.

12:30-13:00 Helena Miguélez Carballeira (Universidade de Bangor): Canto custa manter un baleiro: usos da cultura galega (2009-2012).

13:00-13:30 Coloquio

VENRES 26 DE OUTUBRO -- SESIÓN DE TARDE

16:30-17:00 Cómo se construye la "realidad" de la crisis. Una explotación sociocibernética de los datos de internet [2008-2012]. Moderador: Julio Cabrera Varela. Relatores: Juan-Luis Pintos, Juan R. Marticorena.

17:00-17:30 Felipe Aliaga Sáez "El imaginario social de la integración de los inmigrantes en tiempos de crisis".

17:30-18:00 Coloquio

18:00-18:30 Pausa

18:30-20:00 Poesía crónica. Moderador: Arturo Casas. Relatores: Ana Chouciño, Cornelia Gräbner, Isaac Lourido e Iratxe Retolaza.

20:00-20:30 Coloquio

20:30 Clausura e entrega de diplomas

Financiamento

Proxectos de investigación: "Us & Them. Discourses on Foreignness by Contemporary Irish and Galician Women Writers" (MICINN, FFI2009-08475), "Nos-outras" (INCITE09-204-127-PR), "Unha análise da obra narrativa de Rosalía de Castro: fundamentos teóricos e metodolóxicos" (10PXIB204239PR), "Europa, en comparación: Unión Europea, identidad y la idea de literatura europea (FFI2010-16165)", "O discurso non lírico na poesía contemporánea: espazos, suxeitos, hibridación enunciativa, medialidade" (MICINN, FFI2009-12746).